SAMAÍN
O SAMAÍN
O pasado venres 3 de Outubro celebrouse o Samaín na nosa escola. Todos os nenos viñeron disfrazados de moitas cousas diferentes, dende meigas ata vampiros e pantasmas. Durante as dúas primeiras horas de clase os nenos da nosa aula realizaron manualidades enfocadas cara esta celebración e fixeron diversos xogos como o baile dos monstruos, no que debían bailar como monstruos e cando a música parase, debían quedarse conxelados imitando ao monstruo do que viñan disfrazados; ou o xogo de poñer cara á cabaza, no que cada neno tapaba os ollos cun pano e tiña que intentar poñer os ollos, a boca e a nariz a unha cabaza de cartulina pegada na parede.
Máis tarde, os nenos acudiron ao ximnasio para comer todo tipo de postres típicos, dende filloas ata tortas e magdalenas que eles mesmos trouxeran da casa. Gustaron especialmente os postres decorados con ollos, cabazas e pantasmas.
Por último realizáronse varios talleres como o taller de maquillaxe aos que os nenos podían acudir durante o resto da xornada. Foi un día moi completo!
Comentarios
Publicar un comentario