Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Os nosos alumnos de Educación Infantil e Primaria celebraron o Día das Letras Galegas dunha forma moi especial. Comezamos o día reunidos no salón de actos para que cada curso realizase a actuación que levaba preparando varias semanas. Recitaron poemas, representaron obras de teatro, cancións... todo en homenaxe ao protagonista deste ano, Carlos Casares.  Tras emocionarnos coas representacións dos nenos e nenas, dirixímonos cara o pabillón para desfrutar dos riquísimos postres que trouxeron das casas. Coa música e xogos que alí había pasámolo todos moi ben!

SAMAÍN

Imagen
O SAMAÍN O pasado venres 3 de Outubro celebrouse o Samaín na nosa escola. Todos os nenos viñeron disfrazados de moitas cousas diferentes, dende meigas ata vampiros e pantasmas. Durante as dúas primeiras horas de clase os nenos da nosa aula realizaron manualidades enfocadas cara esta celebración e fixeron diversos xogos como o baile dos monstruos, no que debían bailar como monstruos e cando a música parase, debían quedarse conxelados imitando ao monstruo do que viñan disfrazados; ou o xogo de poñer cara á cabaza, no que cada neno tapaba os ollos cun pano e tiña que intentar poñer os ollos, a boca e a nariz a unha cabaza de cartulina pegada na parede. Máis tarde, os nenos acudiron ao ximnasio para comer todo tipo de postres típicos, dende filloas ata tortas e magdalenas que eles mesmos trouxeran da casa. Gustaron especialmente os postres decorados con ollos, cabazas e pantasmas.  Por último realizáronse varios talleres como o taller de maquillaxe aos que os nenos ...