CONTACTO COA NATUREZA
Como lles gusta ós rapaces de Infantil a natureza! Tras estudar con eles as árbores xunto coas súas follas así coma moitos dos insectos a atopar, decidimos levalos a coñecer a marabillosa natureza que nos rodea. Demos un paseo polo monte de Darbo e puidemos disfrutar dun fantástico día de sol, polo que tomamos a merenda e comemos mentres nos poñiamos morenos. Atopamos unha árbore milenaria na que había unha gran diversidade e cantidade de insectos estraños, así como moitos fungos e flores. Cando os nenos xa estaban cansos decidimos sentarnos no medio dunhas árbores que daban sombra preto dun regato, polo que os nenos e nenas disfrutaron moito dos xogos que realizaron entre eles e do fresquiño que lles daba a auga e a sombra. Regresamos ó colexio sobre as 18 da tarde con moitos materiais para poder estudar ó día seguinte. Foi unha excursión moi produtiva!