Entradas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Os nosos alumnos de Educación Infantil e Primaria celebraron o Día das Letras Galegas dunha forma moi especial. Comezamos o día reunidos no salón de actos para que cada curso realizase a actuación que levaba preparando varias semanas. Recitaron poemas, representaron obras de teatro, cancións... todo en homenaxe ao protagonista deste ano, Carlos Casares.  Tras emocionarnos coas representacións dos nenos e nenas, dirixímonos cara o pabillón para desfrutar dos riquísimos postres que trouxeron das casas. Coa música e xogos que alí había pasámolo todos moi ben!

SAMAÍN

Imagen
O SAMAÍN O pasado venres 3 de Outubro celebrouse o Samaín na nosa escola. Todos os nenos viñeron disfrazados de moitas cousas diferentes, dende meigas ata vampiros e pantasmas. Durante as dúas primeiras horas de clase os nenos da nosa aula realizaron manualidades enfocadas cara esta celebración e fixeron diversos xogos como o baile dos monstruos, no que debían bailar como monstruos e cando a música parase, debían quedarse conxelados imitando ao monstruo do que viñan disfrazados; ou o xogo de poñer cara á cabaza, no que cada neno tapaba os ollos cun pano e tiña que intentar poñer os ollos, a boca e a nariz a unha cabaza de cartulina pegada na parede. Máis tarde, os nenos acudiron ao ximnasio para comer todo tipo de postres típicos, dende filloas ata tortas e magdalenas que eles mesmos trouxeran da casa. Gustaron especialmente os postres decorados con ollos, cabazas e pantasmas.  Por último realizáronse varios talleres como o taller de maquillaxe aos que os nenos podí

CONTACTO COA NATUREZA

Imagen
Como lles gusta ós rapaces de Infantil a natureza! Tras estudar con eles as árbores xunto coas súas follas así coma moitos dos insectos a atopar, decidimos levalos a coñecer a marabillosa natureza que nos rodea. Demos un paseo polo monte de Darbo e puidemos disfrutar dun fantástico día de sol, polo que tomamos a merenda e comemos mentres nos poñiamos morenos. Atopamos unha árbore milenaria na que había unha gran diversidade e cantidade de insectos estraños, así como moitos fungos e flores. Cando os nenos xa estaban cansos decidimos sentarnos no medio dunhas árbores que daban sombra preto dun regato, polo que os nenos e nenas disfrutaron moito dos xogos que realizaron entre eles e do fresquiño que lles daba a auga e a sombra. Regresamos ó colexio sobre as 18 da tarde con moitos materiais para poder estudar ó día seguinte. Foi unha excursión moi produtiva!